El Equipo

Equipo Humano

foto de un hombre con pelo largo y barba sonriendo

Fran Leboso

Produción

Fundador de Parolas leva 15 anos no sector audiovisual e mais de 25 na música producindo varios discos, documentais e eventos como por exemplo o Festival de Cans. Profesor, compositor, músico, técnico… un multitarea capaz de cohesionar calquera produción e públicos moi variados.

foto en la cabeza de un hombre

Julián Pina

Son

Titulado en sistemas de telecomunicación e informáticos ademáis de son para audiovisuais. Traballou en concertos relevantes como os do Festival de Cans dos últimos anos, Huecco ou Celtas Cortos.

selfie de un hombre con pelo gris

Rallo Vázquez

Iluminación

Máis de 25 anos no sector e na súa traxectoria como luceiro de innumerables artistas (Melendi, Coti, Soraya, Revolver,…) así como o creador e diseñador da iluminación dos edificios emblemáticos de Vigo fan de el a elección lóxica para calquer espectáculo.

hombre con pelo largo tocando la guitarra

Iván Fornos

Son

Técnico de son con 20 anos de experiencia, técnico das salas Liceum e Vagalume, Técnico de directo de Collón da Lola e produtor de bandas como Elefantes Mutilados, A Banda Dos Insectos, Likor Cafre, O Amigho da Peluquera, A Tol, Asegún entre outros. Músico de varias bandas como Tati´s Joplin, Bakintaun, Ulf ou Excalibur.

hombre con barba mirando al fondo

Álex Sobrino

Iluminación

Técnico da sala Ingrávida dende 2013 ata o 2020 e actualmente tamén técnico da sala Máster en Vigo, iluminador, fotógrafo e videógrafo. Con experiencia en iluminación para compañías de teatro, deseño e montaxe de iluminación para teatro e fotografía.

mujer con pelo rojo

Rebeca Leboso

Produción audiovisual

Doutora en Historia da Arte e profesora é a responsable das fontes históricas das produccións audiovisuais así coma da organización e xestión de diferentes proxectos. A súa preparación humanista da un punto de vista deiferente ao equipo técnico aportando ideas diferenciadoras nos novos proxectos

Foto en la cabeza de un hombre con barba y bufanda.

Efrén Gómez

Montaxe e técnica

Técnico Superior en Sistemas de Telecomunicaciones e Informática e Técnico Medio en Deseño Gráfico. Fotógrafo con máis de 18 anos de experiencia en eventos e reportaxe social.

Foto en la cabeza de una mujer morena

Ana Belén Rodríguez

Produción e rexencia

Titulada polo Conservatorio de Música de Vigo co Grado Superior por piano e con estudios de música moderna e Jazz. Como músico ten ampla experiencia en directos e grabacións que aproveita para aplicala na producción e na xestión e rexencia dos festivais e concertos que Parolas produce, monta e rexenta.