TWO IN THE MIRROR

two in the mirror cantando y tocando un instrumento

Redes Sociais

TWO IN THE MIRROR

Two In The Mirror é un dúo de versións Soul, Pop, Jazz y Funk en Inglés, Castelán, Italiano, Portugués e Hebreo, formado por Paco Dicenta (Baixo eléctrico & Loops)  e Noelia Álvarez (Voz).

O primeiro é un músico con máis de 28 anos de traxectoria, presente en innumerables formacións de diversos xéneros musicais (Jazz, Soul, Funk, Folk, Góspel, Rock, etc), actualmente con Aretha Franklin Tribute Band, Oscar Ibáñez & Tribo, Gnomon, Phantom Club, Banda de gaitas provincia de Pontevedra, En Clave de Fado, Jotinhos, e un longo etcétera. http://pacodicenta.blogspot.com.es/

Noelia colaborando con diferentes formacións dende fai 20 anos, de diferentes xéneros (Rock, Soul, Hip-hop, Funk, Gospel) e grabacións de voces en diferentes traballos discográficos. Na actualidade con Aretha Franklin Tribute Band, Chow y la Diligente Reggae Band e MixturArte de Ana Belén Rodríguez entre outros proxectos. http://noeliaalvarezcanta.wix.com/noeliaalvarez

Percorreron varios festivais como o Vermús Musicais (Boiro), Noites Brancas (Vigo), Festival Jazz IMAXINASONS ou o Festival de Cortos FICBUEU; e tamén salas coma a Sala Galileo Galilei (Madrid), La Moncloa de San Lázaro (Cacabelos), Club de Yates de Baiona, Fundación Sales (Vigo) entre moitos outros.