FRAN LEBOSO

fran leboso mirando al fondo

Redes Sociais

FRAN LEBOSO

Compositor, músico, letrista, productor e director. Estudou piano dende os 4 anos pero pronto comezaría a interesarlle novos intrumentos e a música moderna. Dende os 12 anos pertenceu á formacións de rock e pop como Daga de 2 Puntas ou na actual KAF!.

Como director atreveuse a proxetos que van dende un documental todavía en activo chamado “Ecos de la historia” traballando coa Universidade de Santiago de Compostole, a Universidade de Vigo e a Universitat Rovira e Virgili de Tarragona, ata cousas máis desenfadas como é o videoclip para a promoción das escolas de teatro e música Laboratorio Ingrávida e Pianagrama codirixindo con Alex Sobrino unha versión á galega dun tema do Gran Showman.

Como productor musical ten innumerables traballos realizados nas dúas últimas décadas, destacando proxectos como Saharap con artistas da talla de Yslem, Dj RCP, Xoko Suizo, Pániko en las Calles ou Kultama; a producción de traballos da banda When Ocean Burns gañadores do EISV 2012 e finalistas do Beefeater London Sesions; a producción e posta en escena de MixturArte da pianista Ana Belén Rodríguez García ou en traballos de Xía Rodríguezz como “Conficentes”, no que foi compositor do tema xunto coa artista.

E é nesta última faceta onde máis destaca, pois é compositor de temas e obras de moi diversos xéneros como mostra a súa participación no disco “Cuando las palabras fallas…” de KAF! onde unha versión do tema “A tu lado» foi elexido pola bailarina Ana Salgueiro gañando o 1º Premio Xuventude Crea 2019 da Xunta de Galicia; en temás como Youth for Sea para a campaña publicitaria de ARVI ou quizáis en unha das máis salientables como é a banda sonora orquestal do documental “Ecos de la Historia” polo cal recibiu o 1º Premio ao Contido Audiovisual dos Premios Provinciáis á Xuventude da Deputación de Pontevedra.

Un multitarefa que é moi dificil de describir e improvable previr cal será o seu próximo movemento.