
Redes Sociais
The Curmudgeon
The Curmudgeon nace en 2019 no seno da Aula de Música Pianagrama, sita en Mos, Pontevedra por catro dos seus estudantes. O Covid obliga a banda a ter un parón de dous anos ata que en 2022 entran os últimos dous compoñentes tamén compañeiros de Pianagrama. Así, na actualidade a fomación conta con Lae (voz), Axis (guitarra), Dani (guitarra), Juan, (baixo), Cece (teclados) e Kiri (batería).
Unha banda de rock con versións para tódolos públicos como son Roxanne (The Police), American Idiot (Green Day), Smells Like Teen Spirit (Nivivana), Song 2 (Blur), Zombie (The Cranberries) ou Dani California (Red Hot Chili Peppers).