METAMORFOSE – ÁLEX SOBRINO

Artista musical sentado en una silla en una habitación ligeramente iluminada

Sitio Web

METAMORFOSE

Álex Sobrino

Nesta obra Álex Sobrino fai un perfecto e equilibrado remake da obra de Franz Kafka.

Gregor Samsa é un programador que vive na casa dos seus pais pero gaña o soldo para toda familia grazas á creación de aplicacións de puca sona que lle encargan e que resultan boas, pero non se promociona e non trata de chegar máis proque hai outro proxecto que o mantén ocupado. O sue algoritmo de vida.

Un imprevisto provoca que a consciencia de Gregor se volque no ordenador tendo que convivir co seu novo corpo e cua súa familia.

A posta en escena e moi atractiva tanto para as novas xeracións como para un público máis curtido no teatro. Gregor está nun cuarto frío, cheo de cables, pantallas e un somier, unha contorna moi pouco axeitada para un ser humano e, comezada a obra, convírtese nun espazo onde nada é o que parece, os cables accionan efectos, nas pantallas aparecen personaxes, as luces acciónanse tocando elementos da escenografía, todo para suliñar que Gregor está a interaccionar cunha interface de usuario dixital. Con todo isto márcase a metamorfose en ente dixital.